A arte feita comedia

Coleccionistas

Coleccionistas. A arte feita comedia

Qué é?

Coleccionistas é o novo espectáculo teatral de Marcos Pereiro, Oswaldo Digón e Santi Romay.

Unha comedia didáctica, unha clase de arte chea de humor, unha función teatral participativa, unha auténtica homenaxe á improvisación. Algo único, e irrepetible. 

Para quén está pensada?

Para pequenos e maiores. Para “culturetas” obsesionados por non faltar un só sábado ás funcións do seu teatro habitual, e para adolescentes que unha vez ao mes saen das aulas pola mañá para ocupar o patio de butacas. 

Como en Coleccionistas o público é quen marca o ritmo e o desenvolvemento do espectáculo, o espectáculo adáptase á perfección ao público, sen demasiados esforzos.

Creado y producido por Ainé Producións

De que se trata?

Moi sinxelo: cada función de ‘Coleccionistas’ é unha poxa na que os actores dirixen este importante acontecemento. 

coleccionistas

E cal é a función do público?

Pois por suposto, o público é un nutrido grupo de coleccionistas de arte interesados nas obras que se expoñen esa noite.

Obras coas que ninguén contaba! Grandes éxitos da arte pictórica. “O grito”, “A liberdade guiando ao pobo” ou “O nacemento de Venus”, por poñer algúns exemplos.

O público recibe, polo tanto, unha pequena guía ao ocupar a súa butaca. A petición dos encargados da poxa deben escoller cal é o primeiro cadro polo que os asistentes farán as súas ofertas.

Unha vez escollido, e para que todo o mundo saiba cal é o valor real desa obra de arte, Digón, Pereiro e Romay prepáranse para ofrecer unha maxistral interpretación da historia e o contido do cadro, sempre axudados polo público. 

Ao remate desta intervención, os coleccionistas propoñen o prezo que están dispostos a pagar para levar a obra para a casa. Aquel que ofreza un importe maior será o afortunado novo propietario da lámina, e os cartos, como non podía ser doutro xeito, destinaranse á Cruz Vermella.

Son catro as obras polas que os coleccionistas poxarán en cada unha das funcións.

As interpretacións estarán ademais apoiadas polo cadro en cuestión, ben grande, sobre o escenario, e o acompañamento musical do mestre Cristian Leggiero.

 

IMPROVISACIÓN, CULTURA E HUMOR 😀 (MOITO HUMOR😀😀 )

A arte feita comedia

Coleccionistas

‘Coleccionistas’ chegou aos teatros e auditorios de Galicia a pasada primavera con grande éxito de público.

A contrastada popularidade dos seus protagonistas, os actores Marcos Pereiro, Oswaldo Digón e Santi Romay, unida ao orixinal e particular do espectáculo, favoreceu a asistencia dun público que valorou moi positivamente a experiencia.

Porque se algo ten este espectáculo é a capacidade para sorprender: o público non conta con ser o protagonista, non conta con ter que participar e incluso guiar o desenvolvemento da obra.

Porque é o público quen escolle as obras que comentan os actores, e é o público quen axuda aos acorres a componer a historia que está detrás de cada cadro.

A capacidade de improvisación de Pereiro, Digón e Romay é, polo tanto, fundamental.

En canto á cuestión didáctica e cultura, ‘Coleccionistas’ achega a historia da arte a públicos de todas as idades dun xeito absolutamente ameno.

Todas as obras son reais e coñecidas, delas falan os actores en profundidade, e en función do interese dun maior valor didáctico do espectáculo, unha guía completa con información sobre as obras podería completar a experiencia.

Pero por suposto, ‘Coleccionistas’ é un espectáculo de humor.

Capaz de facer rir durante hora e media a un público absolutamente entregado ao enxeño de tres actores que, acompañados polo músico Cristian Leggiero, non deixan indiferente a ninguén.

Coñécenos

Galería

Summary
Coleccionistas
Service Type
Coleccionistas
Provider Name
Obra de Teatro,
Galicia, Telephone No.626 769 705
Area
A arte feita comedia
Description
‘Coleccionistas’ é o novo espectáculo teatral de Marcos Pereiro, Oswaldo Digón e Santi Romay. Unha comedia didáctica, unha clase de arte chea de humor, unha función teatral participativa, unha auténtica homenaxe á improvisación. Algo único, e irrepetible. Creado y producido por Ainé Producions

CONTACTA CON NOSOTROS

info@gallaeciaeventos.com 626 769 705 Contacta