
Con nome de muller, un proxecto incrible
Hoxe falamos no noso blog en galego sobre un proxecto incrible chamado «Con Nome de Muller» de Cristian Leggiero e Paty Lesta. Este proxecto busca enxalzar a figura da muller, empoderarla e renderlle unha homenaxe.
Nun mundo no que aínda se loita pola igualdade de xénero, é importante destacar a importancia da muller na nosa sociedade. «Con Nome de Muller» é un proxecto que busca recoñecer o labor das mulleres en diferentes ámbitos, dende a ciencia ata a cultura e o deporte, plasmándoo coa música, que é o que mellor sabemos facer todos os que formamos parte da familia de Gallaecia Eventos.
Este proxecto é unha oportunidade para que as mulleres sentan valoradas e representadas na sociedade. Ademáis, é unha forma de inspirar ás novas xeracións e demostrarlles que non hai límites para o que podan lograr.
Se ti tamén crees na igualdade de xénero e no empoderamento da muller, animámosche a participar nos próximos eventos que, a través da Diputación de A Coruña, temos os próximos días.
Sábado 4 de Marzo – Concello de Cee
Sábado 11 de Marzo – Concello de Valdoviño
Domingo 12 de Marzo – Concello de Bergondo
!Xuntos podemos facer que a voz da muller sexa escoitada e recoñecida en todo o mundo. Sigamos adiante na loita pola igualdade de xénero e polo recoñecemento do labor das mulleres na nosa sociedade!